Helena Fernández Murados

Tarxeta de visita de Helena Murados Avogada en Lugo

Xurista en Lugo

Son Helena, avogada en Lugo apaixonada por defender os dereitos dos meus clientes e buscar solucións xustas en cada caso que xestiono.

Estudei Dereito e Criminoloxía na Universidade de Santiago de Compostela. Logo mudeime á cidade de Lugo para completar a miña formación co Mestrado de Avogacía, impartido pola USC en colaboración co Iluste Colexio de Avogados de Lugo.

Desde o comezo traballei nunha variedade de casos que enriqueceron a miña experiencia e me permitiron crecer profesional e persoalmente.

O meu enfoque baséase na empatía e na dedicación. Creo firmemente que cada cliente é único e merece un trato personalizado.

O meu compromiso é ser transparente e accesible, ofrecendo un espazo seguro onde sentirse escoitado e comprendido.

Axúdoche coas túas dúbidas

Consultas legais en Lugo

Co paso dos anos aprendín que a clave do éxito en calquera situación xurídica é a comunicación eficaz e unha preparación meticulosa. Intento estar ao día das últimas novidades legais e de seguir formándome.

E así son eu.

Fóra da oficina, gústame ler, facer deporte, a natureza e pasar tempo coa miña familia e amigos. Estas actividades axúdanme a manter o equilibrio e a recargar enerxía para seguir dando o mellor de min en cada caso.

Estou aquí para axudarche a navegar polo complexo mundo xurídico con confianza e tranquilidade.

Helena Murados avogada en Lugo no seu despacho.

Axúdoche coas túas dúbidas ou trámites xurídicos

Necesitas asesoramento xurídico? Ponte en contacto comigo hoxe e obtén a axuda profesional que necesitas para resolver os teus problemas legais de forma eficaz. Traballo desde Lugo e desprázome ata onde necesites os meus servizos.